Reforma da Praza Maior, fonte, Porto da Barca e Camiño Real
Ubicación: O Barco de Valdeorras, Ourense
Equipo de proyecto: Luis Álvarez, Silvia Arias, Andrea García y Rosario León
Instalaciones: José Antonio Rodríguez Aguiar.
Promotor: Concello de O Barco de Valdeorras
Fase 1: Proyecto 2024. En ejecución. Constructor: Acoval S.A.
Fase 2: Proyecto 2026. En licitación.
Fase 3: Proyecto en redacción.
Más información
Descripción del proyecto
Descrición do proxecto en Galego
A intervención ten como eixo a Praza Maior, situada na zona vella do Barco de Valdeorras e varios espazos da súa contorna: a fonte da praza, o Porto dá Barca e a Rúa Real. Realízase unha análise histórica a partir de fotos e planos, dos distintos períodos dos que temos constancia, que nos permite comprender como evolucionaron e extraer conclusións para o proxecto.
Trátase dun importante nodo das comunicacións peonís da vida diaria que enriquecen este espazo cun transito continuo de xente. Conta ademais coa particularidade de que pertence o Camiño de Santiago, no itinerario do Camiño de Inverno.
A proposta inicial expúxose ao público e fixéronse reunións cos veciños para recadar ideas e opinións coas que se redactou o proxecto.

Praza maior
É a praza máis antiga do Barco. Usada para numerosos festexos e actividades ao longo do ano, serve como punto de encontro no día a día grazas a varios locais de hostalería que se sitúan nela.
Co obxecto de abrir visualmente á praza ao río Sil, situado ao sur, eliminarase a balaustrada de granito, ampliando a escalinata e incluíndo unhas bancadas. Plantaranse árbores para xerar zonas de sombra nos días quentes do verán. No muro sur dispoñerase un pórtico que homoxeneice a fachadas dos locais situados baixo a praza.
Para eliminar os chanzos no acceso suroeste da praza elevarase a cota da Rúa Real recuperando a continuidade entre ambos os espazos. Eliminaranse as prazas de aparcamento para favorecer a circulación peonil e reducir a contaminación visual.



Fonte da praza
Trátase da fonte máis céntrica que dispoñía o núcleo desde a súa orixe. Recuperarase o espazo da fonte eliminando o local comercial que se construíu encima a final dos anos cincuenta. Recuperaranse todos os elementos de pedra orixinais: as fontes, as escaleiras, o chan e o banco perimetral.
Cun novo mobiliario de madeira e unha coidada iluminación buscarase facer da fonte nun espazo de encontro a cuberto como foi a fonte da praza noutro tempo no que os veciños acudían a recoller auga para o día a día.


Porto da Barca
Usado historicamente para o paso en barca ata o núcleo de Viloira situado na outra beira do río Sil, a súa importancia é tal que acabou dando o nome ao Barco. Visibilizarase a nivel da rúa cunha nova pavimentación baseada nas trazas dos chanzos da escaleiras, dando maior presenza ao muro de abrigo, absorbido agora polo miradoiro situado sobre el.



Rúa Real
Na zona onde se ensancha a rúa, aproveitarase o espazo para a creación dunha zona de estar vinculada ó percorrido sur que descorre pola Rúa Real e o Camiño Real, e coincidente co paso do camiño de Santiago. Liberarase dos actuais usos eliminando os contedores soterrados e a ringleira de aparcamento de vehículos.
Disporase nel unha banda de mobiliario, paralelo ó paseo que ademais goza da sombra das árbores. Contará con mesas e bancos de distintos tipos. As mesas anchas para o encontro. Mesas estreitas para desfrutar da paisaxe, bancos para o descanso e a conversa. Engádense dúas novas arbores ao leste, recuperando esta antiga localización.
A zona de estar está pensada para o uso dos propios habitantes do Barco que pasan por ela no día a día e tamén aportará un lugar de descanso para os peregrinos podendo facer un alto na etapa para contemplar a zona.


Camiño Real
No camiño real mudarase o pavimento actual de baldosa hidráulica reforzando estruturalmente o encontro co muro do río e reparando algunhas zonas afundidas.
Neste tramo renovaranse por completo as instalacións urbanas. Renovando o saneamento que discorren neste tramo. Crearase una rede de pluviais soterrada que recolla as baixantes dos edificios e a auga de escorrentía. Soterrarase a rede de alumeado público que e modificarase a situación dos farois para aumentar a iluminación nocturna.
Miradoiro do trampolín
Na zona na que conecta o Camiño Real co Paseo do Malecón existe un saínte do muro de formigón chamado o trampolín xa que ven sendo usado para mergullarse no Sil dende él xa que na beira se sitúa unha poza chamada do Lor.
Aproveitando as vistas que ten este saínte sobre o río, crearase un miradoiro cun longo banco de granito e unha nova varanda mais transparente para mellorar a visibilidade. O banco será un elemento urbano cunha dobre función, ademais de servir de asento permitirá crear unha rampla que elimine a barreira que supoñen os actuais chazos dando fluidez a zona vella e o malecón.
No miradoiro colocarase unha varanda que quedará retrasada con respecto o borde do muro cara o río, o igual que no miradoiro do porto da barca, para comprender a dobre función deste elemento.



Muros sobre o río sil
Farase un traballo na cara vista do muro, atendendo a composición de cada tramo de muro, coa limpeza das zonas de xunta seca, limpeza e encintado con morteiro de cal nas zonas xa encintadas previamente. Traballarase na diferenciación visual das distintas idades do muro, orixinal, a zona reconstruída. No muro de formigón recuberto cun chapado de pedra musgo eliminarase o encintado de morteiro de cemento e realizarase un encintado de morteiro de cal.
Farase un traballo na cara vista do muro, atendendo a composición de cada tramo de muro, coa limpeza das zonas de xunta seca, limpeza e encintado con morteiro de cal nas zonas xa encintadas previamente. Traballarase na diferenciación visual das distintas idades do muro, orixinal, a zona reconstruída. No muro de formigón recuberto cun chapado de pedra musgo eliminarase o encintado de morteiro de cemento e realizarase un encintado de morteiro de cal.
Para achegar o valor histórico do muro con relación a evolución desta zona da vila, disporase un panel con información, planos e fotos, que permita comprédelo mellor, dando paso a un percorrido no que visitar a pe cada unha das fases o acceder a beira do rio a través da rampla.


Descripción del proyecto en Castellano
La intervención tiene como eje la Praza Maior, situada en el casco viejo de O Barco de Valdeorras y varios espacios de su entorno: la fuente de la plaza, el Porto da Barca y la Rúa Real. Se realiza un análisis histórico a partir de fotos y planos, de los distintos períodos de los que tenemos constancia, que nos permite comprender como evolucionaron y extraer conclusiones para el proyecto.
Se trata de un importante nodo de las comunicaciones peatonales de la vida diaria que enriquecen este espacio con uno transito continuo de gente. Cuenta además con la particularidad de que pertenece el Camino de Santiago, en la ruta del Camino de Invierno.
La propuesta inicial se expuso al público y se hicieron reuniones con los vecinos para recaudar ideas y opiniones con las que se redactó el proyecto.

Praza maior
Es la plaza más antigua de O Barco. Usada para numerosos festejos y actividades a lo largo del año, sirve como punto de encuentro en el día a día gracias a varios locales de hostelería que se sitúan en ella.
Con el objeto de abrir visualmente a la plaza al río Sil, situado al sur, se eliminará la balaustrada de granito, ampliando la escalinata e incluyendo unas gradas. Se plantarán árboles para generar zonas de sombra en los días calientes del verano. En el muro sur se dispondrá un pórtico que homogeneice a fachadas de los locales ubicados bajo a plaza.
Para eliminar los escalones en el acceso suroeste de la plaza se elevará la cota de la Rúa Real recuperando la continuidad entre ambos espacios. Se eliminarán las plazas de aparcamiento para favorecer la circulación peatonal y reducir la contaminación visual.



Fonte da praza
Se trata de la fuente más céntrica que disponía el núcleo desde su origen. Se recuperará el espacio de la fuente eliminando el local comercial que se construyó encima a final de los años cincuenta. Se recuperarán todos los elementos de piedra originales: las fuentes, las escaleras, el suelo y el banco perimetral.
Con un nuevo mobiliario de madera y una cuidada iluminación se buscará hacer de la fuente en un espacio de encuentro a cubierto como fue la fuente de la plaza en otro tiempo en el que los vecinos acudían a recoger agua para el día a día.


Porto da Barca
Usado históricamente para el paso en barca hasta el núcleo de Viloira situado en la otra orilla del río Sil, su importancia es tal que acabó dando el nombre a O Barco. Se visibilizará a nivel de la calle con una nueva pavimentación basada en las trazas de los escalones de la escaleras, dando mayor presencia al muro de abrigo, absorbido ahora por el mirador situado sobre él.



Rúa Real
En la zona donde se ensancha la calle, se aprovechará el espacio para la creación de una zona de estar vinculada al recorrido sur que corre por A Rúa Real y el Camino Real, y coincidente con el paso del camino de Santiago. Se liberará de los actuales usos eliminando los contenedores soterrados y la fila de aparcamiento de vehículos.
Se dispondrá en él una banda de mobiliario, paralelo al paseo que además disfruta de la sombra de los árboles. Contará con mesas y bancos de distintos tipos. Las mesas anchas para el encuentro. Mesas estrechas para disfrutar del paisaje, bancos para el descanso y la conversa. Se añaden dos nuevas arbores al este, recuperando esta antigua localización.
La zona de estar está pensada para el uso de los propios habitantes de O Barco que pasan por ella en el día a día y también aportará un lugar de descanso para los peregrinos pudiendo hacer un alto en la etapa para contemplar la zona



Camiño Real
En el camino real se cambiará el pavimento actual de baldosa hidráulica reforzando estructuralmente el encuentro con el muro del río y reparando algunas zonas hundidas.
En este tramo se renovarán por completo las instalaciones urbanas. Renovando el saneamiento que discurren en este tramo. Se creará una red de pluviales soterrada que recoja las bajantes de los edificios y el agua de escorrentía. Se enterrará la red de alumbrado público que y se modificará la situación de las farolas para aumentar la iluminación nocturna.
Mirador do trampolín
En la zona en la que conecta el Camino Real con el Paseo del Malecón existe un saliente del muro de hormigón llamado el trampolín ya que ven siendo usado para sumergirse en el Sil desde él ya que en la orilla se sitúa «a poza do Lor».
Aprovechando las vistas que tiene este saliente sobre el río, se creará un mirador con un largo banco de granito y una nueva baranda mas transparente para mejorar la visibilidad. El banco será un elemento urbano con una doble función, además de servir de asiento permitirá crear una cuesta que elimine la barrera que suponen los actuales peldaños dando fluidez a la circulación entre el casco viejo y el malecón.
En el mirador se colocará una barandilla que quedará retrasada con respeto el borde del muro cara el río, el igual que en el mirador del puerto de la barca, para comprender a doble función de este elemento.



Muros sobre el río sil
Se hará un trabajo en la cara vista del muro, atendiendo la composición de cada tramo de muro, con la limpieza de las zonas de junta seca, limpieza y encintado con mortero de cuál en las zonas ya encintadas previamente. Se trabajará en la diferenciación visual de las distintas edades del muro, original, la zona reconstruida. En el muro de hormigón recubierto con un chapado de una piedra musgo se eliminará el encintado de mortero de cemento y se realizará un encintado de mortero de cuál.
Para acercar el valor histórico del muro con relación la evolución de esta zona de O Barco, se dispondrá un panel con información, planos y fotos, que permita lo compréis mejor, dando paso a un recorrido en el que visitar la pe cada una de las fases el acceder la orilla del lo ríe a través de la cuesta.


Análisis histórico
Fotos históricas
Recopilación de fotos históricas facilitadas por Aurelio Blanco y Gustavo Docampo.
Planos de evolución espacial desde el año 1900
Las siguientes axonometrías hacen un resumen de la evolución espacial de la zona de intervención hecha a partir de documentación histórica, fotos, dibujos y planos.
Antes y después








Galería de proyecto

















































Debe estar conectado para enviar un comentario.